Aberta a inscrición para a formación “Programación web con software libre”

A concellería de Mocidade que dirixe Miguel Bouzó informa que xa esta aberto o prazo de inscrición para a acción formativa Programación web con software libre. Web development bootcampdentro do proxecto MILLENNIALS, iniciativa da Deputación de Pontevedra.

Destinado a persoas mozas de entre 16 e 30 anos en situación de desemprego e inscritas ou inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil está aberto xa o prazo de inscrición. As persoas interesadas tan solo deben encher este formulario:

https://www.eoi.es/es/cursos/33408/curso-de-programacion-web-con-software-libre-web-development-bootcamp-ponteareas/formulario-admision

O curso, de 316 horas, realizarase no Centro de Desenvolvemento Local (CDL) na aula de informática entre o 17 de xullo e o 17 de outubro en horario de 9 a 14 horas.

Millennials enmárcase dentro do convenio de colaboración entre a da Deputación de Pontevedra e a Escola de Organización Industrial, dentro do marco do Programa Operativo de  Garantía Xuvenil.

Integra accións formativas deseñadas e adaptadas ás necesidades da mocidade  e das necesidades do tecido empresarial da provincia, no marco do Plan nacional de garantía xuvenil.

Miguel Bouzó explica que esta formación permitiralles ás mozas e aos mozos mellorar a súa empregabilidade para acceder ao mercado laboral e recibir formación e asesoramento gratuíto.