Aberta a convocatoria de novas probas para obter os certificados de lingua galega Celga

O prazo de inscrición remata o vindeiro 8 de abril

 

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ponteareas informa da convocatoria de novas probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4, convocadas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

 

As probas realizaranse en Santiago de Compostela e Ponferrada e, para poder inscribirse, as persoas interesadas deberán cubrir un formulario de solicitude e aboar as taxas correspondentes. O prazo de inscrición nas probas remata o vindeiro venres 8 de abril.

 

Todas as persoas que estean interesadas e precisen información sobre estas probas poden dirixirse ao Servizo de Normalización Lingüística do Concello, onde recibirán información detallada.

 

O concelleiro de Lingua, Fernando Groba, anima a toda a veciñanza a que se presente a estas probas, “un incentivo e unha oportunidade para demostrar o coñecemento que temos da lingua propia, ademais dunha grande oportunidade para obter un título imprescindíbel para acceder a un proceso de oposición en Galicia”.