A xadrecista ponteareá Antía Reboredo proclámase subcampioa de España en categoría sub 8

A xogadora ponteareá do Club Xadrez Ramiro Sabell de Ponteareas, Antía Reboredo Barrosa, proclámase subcampioa de España 2019 en categoría sub 8.

A concelleira de Deportes, Nahir Covelo, en nome de todo o goberno felicita a Antía Reboredo e a todo o club polo traballo realizado durante todo o ano e a ilusión depositada en cada actividade que organizan.

A ponteareá destacou a pasada fin de semana na localidade granadina de Salobreña e colocou nos primeiros postos o nome de Ponteareas e do seu club.

Antía é a actual campioa de Galicia Absoluta donde compiten nenos e nenas na categoría sub 8.

En Granada o Club Ramiro Sabell tamén estivo representado por Adrián Argudín Fernández quen tamén realizou unha boa actuación.