A terceira edición do Festival “Rock in Río Tea” terá lugar os días 3 e 4 de xullo

Un total de sete bandas de diferentes estilos musicais serán as protagonistas do espectáculo

cartel-rock-in-rio-teaA actividade da terceira edición “Rock in Río Tea” dará comezo o venres 3 de xullo ás 21:00 horas, coa actuación do grupo Black Box enriba dun camión/escenario que levará a música aos lugares máis identificados co proxecto do Rock in Río Tea.

O sábado, 4 de xullo, dende as 21:00 horas e até as 04:00 horas, seis bandas serán as encargadas de inundar de rock a vila ponteareá: Mínima Son e La Banda de Mazinger de Ponteareas, Cool Funeral e The Soul Jacket de Vigo, Familia Caamagno de Sigüeiro e Aurora and Betrayers de Madrid. Un ano máis, o lugar escollido pola organización para celebrar a xornada do sábado é o Parque da Concordia.

Para máis información é posible consultar a seguinte ligazón.