A terceira edición da carreira Ribeira do Tea volve unir os concellos de Ponteareas e Salvaterra

sdr

O Club Camiñantes do Condado rinde homenaxe ao río Tea e ao Miño coa III edición da carreira Ribeira do Tea que une os concellos de Ponteareas e Salvaterra cunha proba deportiva na que os veteranos percorrerán doce quilómetros, a categoría absoluta dezaséis e os xuvenís e infantís dous quilómetros.
A Tenente de Alcalde de Salvaterra, Marta Valcárcel, e o Concelleiro de Deportes de Ponteareas, Benito Márquez, presentaron esta nova edición xunto aos organizadores nos xardíns do concello de Ponteareas convidando a toda a veciñanza a participar nesta proba que terá lugar o vindeiro domingo día 29 de xullo a partir das dez da mañá.
A inscrición poderá realizarse na páxina web www.championchipnorte.com ou na do club www.caminhantesdocondado.es
O Club de montaña Camiñantes do Condado sorteará agasallos entre os participantes e entregará trofeos en todas as categorías.
O Concelleiro de Deportes, Benito Márquez,  quixo recalcar “a importancia deste tipo de probas, que unen concellos e fomentan a cooperación entre veciños” e tamén felicitou aos organizadores “por todo o traballo que fan a diario e que se ve reflectido en tódalas probas que organizan, pola súa profesionalidade e polo seue bo facer”
 
A 1ª Tte de Alcalde de Salvaterra de Miño resaltou a gran importancia de este tipo de eventos deportivos que por un lado fomentan un estilo de vida saúdable a través do deporte  e por outro poñen en valor o noso entorno natural e patrimonial, neste caso o Recinto Amurallado de Salvaterra e a senda do Río Tea,  e que por outra banda son un exemplo claro de cooperación e colaboración entre institucións e as propias asociacións. Ademáis resaltou o gran traballo e bo facer do Club Camiñantes do Condado que está conseguindo que ano a ano esta proba deportiva creza e se consolide.