A sección da Escola Oficial de Idiomas en Ponteareas ofrecerá o curso de nivel básico de francés

A concellería de Ensino, que dirixe a tenente de alcalde Cristina Fernández, informa que neste curso escolar a delegación da Escola Oficial de Idiomas en Ponteareas ofrecerá o curso de nivel básico A1 no primeiro cuatrimestre e no segundo cuatrimestre o de nivel básico A2.

Cristina Fernández amosa a súa satisfacción por ter conseguido que esta demanda da comunidade educativa sexa hoxe unha realidade. O obxectivo desta concellería é ofrecer unha oferta educativa ampla de acorde ás necesidades da poboación e que resposte á demanda laboral actual evitando que a mocidade se teña que desprazar fóra da súa comarca.

Deste xeito, a sección da Escola Oficial de Idiomas en Ponteareas abrirá o prazo de preinscrición do día 2 de setembro ao 15 de setembro. Todas as preinscricións deberán formalizarse obrigatoriamente en liña no prazo a través do acceso https://www.eoidigital.com/preinsxunta

Os horarios das clases de francés poden consultarse na seguinte ligazón http://www.eoidevigo.org/archivos/Oferta-lineal-Ponteareas-555-561.pdf

Os e as que desexen maior información poderán obtela na ligazón http://www.eoidevigo.org/seccion/161/Matricula-Oficial.html