A ponteareá Iria Groba campioa de España de karate

 
O concelleiro de Deportes, Miguel Bouzó, felicita á Iria Groba ao proclamarse Campiona de España de karate (kumite) en categoría alevín de máis de 32kg no campionato celebrado no pavillón dos Remedios, Ourense, no que participaron 700 deportistas de tódalas comunidades autónomas, en categoría benxamín, alevín, infantil e xuvenil.
 
Iria, que competíu pola comunidade de Madrid, clasificóuse para o campionato de España ó gañar o campionato de Madrid o pasado mes de marzo. A súa traxectoria na competición foi impecable: gañou 8-0 en octavos de final á campiona de Extremadura, en cuartos gañou 5-0 á campiona de Asturias, 6-0 á campiona da Rioxa en semifinais e 7-4 na final á campiona de Cataluña.
 
Grazas a súa medalla, ademáis, Madrid acadou o primeiro posto no medalleiro total da competición. A súa foi a última final en disputarse ocupando Andalucía ata ese momento o primeiro posto.