A Policía Local intensificará o control dos estacionamentos indebidos na Avenida de Castelao

sdr

A Policía Local de Ponteareas informa que durante as vindeiras semanas intensificará o control dos aparcamentos indebidos na Avenida de Castelao. O departamento que dirixe o concelleiro Roberto Mera, explica que non se permitirá o estacionamento nos arcéns recén pintados que non están habilitados para vehículos. A Policía Local sinala que os coches que estacionan neses arcéns de escasas dimensións invaden unha parte considerábel do carril de circulación e tamén limitan a visibilidade, especialmente en cruces como o da Rúa da Braña, xerando unha situación de perigosidade.

Por outra banda, o Concello encargarase proximamente de sinalizar o novo paso de peóns que se habilitará no coñecido como Parque de Mota, nunha zona na que os colectores de lixo, un fotomatón e os vehículos que estacionaban ao seu carón, impedían até agora circulación peonil con seguridade.