A Policía Local informa aos escolares sobre posibles propostas de risco

A Policía Local, dependente da concelleria de Seguridade Cidadá que dirixe Vanesa Fernández, repartíu folletos informativos de prevención de secuestros infantís dentro da campaña de información e formación ofrecida aos centros escolares. 

Neste folleto de carácter educativo e didáctico amósanse a través de diferentes viñetas posibles propostas que deben ser rexeitadas pola infancia e a mocidade xa que agochan condutas sospeitosas.

A Policía Local ofrece ademais o seu teléfono de contacto para dar aviso de calquera circunstancia que entrañe perigo ou risco, 986 64 00 50 ou o 618 705 626.