A plataforma da N-120 esixe a Fomento a contratación dos proxectos de circunvalación e seguridade viaria da N-120

O pasado venres reuníouse a plataforma da N-120 na que o alcalde Ponteareas, Xosé Represas, e a tenente de alcalde, Chus Garrote, trasladaron o estudo de alcance do proxecto da variante que unirá a PO-403 e a N-120 presentado polo Ministerio de Fomento nun encontro mantido na subdelegación do goberno en Pontevedra.

Nesta reunión houbo unanimidade da plataforma, conformada polos grupos políticos da Corporación e polos representantes veciñais de Areas, Arnoso e Xinzo, en reclamar de Fomento a concreción oficial dos compromisos xa que son actuacións polas que se leva agardando décadas e xa non é tempo de conformarse con manifestacións de interese nin promesas.

A plataforma acordou manifestar públicamente esta esixencia da necesidade de concretar prazos e de contratar de inmediato os proxectos pendentes sendo o grupo de goberno o que traslade esta decisión ao Ministerio, recordándolle que a variante ou circunvalación terá que transcurrir polo trazado que xa figura no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).

Por outro lado, os integrantes da plataforma esixen tamén a contratación do proxecto de mellora da seguridade viaria da N-120, outra demanda histórica que precisa resposta urxente, recordándolle a Fomento que para o tramo que cruza Areas, Arnoso e Xinzo figura nos orzamentos prorrogados de 2018 unha previsión económica de tres millóns de euros para o 2018 e tres millóns para 2019 para un proxecto que contemplaba a construción de glorietas nestas tres parroquias nos enlaces cos viais municipais así como sendas que garantan a seguridade tanto peoníl como ciclista.

A esixencia da plataforma está motivada por comprometer estas partidas económicas comezando pola licitación do proxecto para que finalmente a obra se poida executar con cargo a este diñeiro.

A platatoforma esixe a materialización destes dous compromisos adquiridos por Fomento coa súa publicación da contratación dos proxectos, licitacións que deben publicarse no Boletín Oficial do Estado (BOE).