A partir do día 1 poderase solicitar cita para a renovación do DNI na Casa do Concello

A concellaría de Mobilidade e Tráfico, que dirixe Roberto Mera, informa que o equipo móbil da Policía Nacional renovará os documentos nacionais de identidade en Ponteareas o vindeiro 18 de febreiro. 

A cita poderase solicitar a partir do día 1 de febreiro ás 08:00 horas no número de teléfono das oficinas da Policía Local de Ponteareas 986 64 00 50.

Neste ano 2021 tamén se poderá renovar o DNI na Casa do Concello nos meses de abril, xuño, setembro e novembro.

A Policía Local a través do sitio web do Concello e das súas redes sociais informará con quince días de antelación do prazo para solicitar cita previa para os distintos meses, non podendo solicitarse a cita antes de que estea aberto o prazo.