A parroquia de Bugarín desfrutará dunha exposición de fotografía histórica

A parroquia de Bugarín, en colaboración coa concellaría de Cultura e Lecer do Concello de Ponteareas dirixida por Hortensia Bautista, organiza unha exposición de fotografía histórica da parroquia na que se fai un percorrido polos costumes, tradicións e romarías  da parroquia nun intento por recuperar e pór en valor a memoria colectiva da veciñanza. 

A exposición inaugúrase o luns 30 de xullo ás 19:30 horas na Casa Cultural de Bugarín. Esta poderá visitarse durante un mes, ata o 31 de agosto, en horario de 18:00 a 21:00h; a excepción dos xoves que pecha a Casa Cultural.

Esta iniciativa encádrase dentro do proxecto de recompilación de fotografías históricas “Ponteareas no Tempo”, que se pode visitar na web www.ponteareasnotempo.gal e se levará a cabo nas parroquias que así o soliciten. Precisamente, aproveitando a ocasión, o persoal do departamento de Cultura e Lecer achegarase o día da inauguración, a partir das 19:30h á Casa Cultural de Bugarín para facilitar a recollida de fotografías históricas que os veciños desexen achegar.