A Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Ponteareas, que dirixe Andrés Sampedro, organiza en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude o taller “Incubadora de proxectos: cara o emprendemento desde a participación”.
Este obradoiro pretende ser unha ferramenta de traballo enfocada a mozos e mozas que teñan previsto presentar propostas no marco do programa Iniciativa Xove (que financia ideas impulsadas por xente nova), ou noutros similares de participación xuvenil. Tamén está dirixido a aquelas persoas que procuren mellorar as súas competencias e habilidades na redacción e execución de proxectos.
Esta actividade está dirixida a mozos e mozas, animadores xuvenís, técnicos locais de emprego, axentes de desenvolvemento local, concelleiros e concelleiras de xuventude, asociacións xuvenís, grupos informais de mozos e mozas e, en xeral, a calquera colectivo interesado en programas de participación xuvenil.
O taller “Incubadora de proxectos: cara o emprendemento desde a participación” levarase a cabo o día 24 de abril, a partir das 19:00 horas na OMIX de Ponteareas, situada no edificio da Biblioteca Municipal.
As persoas que desexen en participar nesta actividade deberán inscribirse na Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Ponteareas, a través do enderezo electrónico: omix@ponteareas.es, ou chamando ao teléfono 672 105 468.