A oficina municipal de voluntariado plántalle caro ao plástico

A oficina municipal de voluntariado abre o prazo para inscribirse no proxecto “Di non ao plástico” dirixida a mozos e mozas de entre 16 e 30 anos de idade. O prazo de inscrición remata o 27 de xuño e todos e todas as interesadas deberán inscribirse de 9 a 14:30 horas no primeiro andar do centro social ubicado na rúa Oriente.

Para obter máis información deberán dirixirse á oficina de voluntariado a través do enderezo electrónico voluntariado@ponteareas.gal ou no número de teléfono 687 764 516.

Dentro desta iniciativa realizaránse actividades de orientación con rutas medioambientais, eliminación de plantas invasoras, prácticas en feiras, eventos ou campamentos, tratarase a contaminación atmosférica e biodiversidade e o veganismo.

Todas as horas do curso serán certificadas tanto para acreditar diante da universidade como para completar o seu curriculum vitae.