A Oficina Municipal de Consumo (OMIC) informa dos dereitos dos e das consumidoras na cancelación de eventos relacionados coas comuñóns , bautizos e as vodas no estado de alarma.
Nesta circunstancia extraordinaria na que están prohibidos estes actos sociais, os clientes que se vexan obrigados a cancelar a celebración poderán reclamar a devolución do diñeiro entregado como sinal.
Toda a información sobre prazos, condicións e dereitos no botón COVID-9 da páxina web do Concello ou na seguinte ligazón http://ponteareas.gal/xiralda/uploads/2020/05/A-OMIC-DO-CONCELLO-DE-PONTEAREAS-INFORMA-%C3%81-VECI%C3%91ANZA-DOS-SEUS-DEREITOS-NO-ESTADO-DE-ALARMA.pdf