A oficina de voluntariado convoca unha xornada de eliminación de invasoras

A oficina municipal de voluntariado Voltea, dependente da concellería de Benestar Social, Igualdade e Mocidade, que dirixe Verónica Carrera, convoca a toda a veciñanza a unha xornada eliminación de especies invasoras o vindeiro domingo día 18 ás 10 horas no Castro de Troña, Pías. 

En colaboración coa comunidade de montes de Pías realizarase unha eliminación manual de eucalipto. 

Todos e todas os que desexen obter maior información e confirmar asistencia deben chamar ao número de teléfono 687 764 516 / 661 761 685.