A nosa mocidade participou no Unicef_VII Foro Parlamento de Galicia

Quince alumnas e alumnos do Consello da Infancia e da Mocidade de Ponteareas acompañados da tenenta de alcalde e do concelleiro de Mocidade representaron ao concello para falar de

A tenenta de alcalde e concelleira de Ensino Cristina Fernández e o concelleiro de Mocidade Miguel Bouzó acompañaron hoxe ao alumnado de Ponteareas que participou no VII Foro Infantil UNICEF-Parlamento de Galicia, celebrado no Salón de Plenos da Cámara galega coa intervención de representantes dos consellos locais de participación infantil e adolescente de Redondela, Castrelo de Miño, Ourense, O Barco de Valdeorras, Cabanas, Porriño, Teo e Moeche, ademais do noso. Tamén participaron a presidenta de UNICEF-Comité Galicia, Myriam Garabito; e a directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xunta, Amparo González sendo rebicidos polo vicepresidente do Parlamento de Galicia, Diego Calvo.

Este ano se celebra o 30 aniversario da Convención sobre os dereitos do neno, un tratado internacional que “supuxo, en si mesmo, un paso de xigante”, e que cómpre protexer e impulsar.

Ponteareas foi representada por 15 alumnas e alumnos do noso concello da infancia e da mocidade, 9 nos escanos e 6 entre o público asumindo o papel de portavoz de Ponteareas Vera Lorenzo do IES Val do Tea que falou da importancia de poder exercer o dereito á participación recollido dende hai 30 anos .

Por iso son tan importantes os procesos de participación postos en marcha nos nosos concellos, porque serven, igual que o traballo de preparación que fixemos para o día de hoxe, para visibilizar as problemáticas e as necesidades reais que ten a infancia e a adolescencia …”

 No Parlamento o alumnado falou de participación, de educación, de cambio climático, da probreza e de protección sendo, xunto ao tema presentado por Ponteareas, os asuntos que máis preocupan á mocidade.

Esta nova edición do Foro UNICEF-Parlamento de Galicia contribúe a outorgar visibilidade ao papel desta axencia da ONU que traballa na defensa dos dereitos da infancia. Con actividades como a que hoxe se desenvolveu no Parlamento contribuímos a facer efectivo un dos dereitos consagrados na Convención sobre os dereitos do neno: o dereito a expresar as súas opinión e a que estas se teñan en conta.