A música tradicional galega e a música de W.A. Mozart estarán por fin xuntas no concerto “Mozart á galega”

Mañá chega a Ponteareas o concerto “Mozart á Galega” interpretado cunha frauta de madeira de finais do século XIX por Luís Soto que estará acompañado por David García ao violín, Ioana Ciobotaru á viola e Millán Abeledo ao violoncello. Neste recital, e futuro disco reprodúcense os catro fermosos cuartetos para frauta e trío de cordas que Mozart compuxo a finais do século XVIII. Neste novidoso concerto a música de W.A Mozart e a música tradicional galega por fin estarán xuntas.

Mozart á galega” estará en Guláns mañá venres día 6 ás 12:30 horas no centro cultural Avisoureira e no auditorio municipal Reveriano Soutullo tamén mañá venres ás 19 horas.