A monologuista Verónica Rilo actuará no Centro Cultural de Arcos

A concellería de Cultura informa que a monologuista Verónica Rilo substituirá ao monologuista Candido Pazó que, por motivos de saúde, non pode ofrecer o seu espectáculo o vindeiro domingo 22 de marzo.

As veciñas e veciños poderán igualmente gozar do mellor humor da man de Verónica Rilo e dos seus contos e lerias o domingo 22 ás 17 hora no centro cultural de Arcos enmarcada na programación de Cultura 24 que leva ás parroquias unha programación cultural anual estable.