A mocidade poderá participar con fotografías na revista Pregón 2021

Poden participar mozas e mozos de 13 a 18 anos antes do 15 de abril

 

A Biblioteca Municipal de Ponteareas convida ás mozas e mozos da localidade a participar con unha foto na revista Pregón 2021.

O tema das fotografías debe estar relacionado cas Festa do Corpus de Ponteareas: flores, elementos vexetais, ramas, cores, etc. Cada participante poderá enviar ata un máximo de 1 fotografía, podendo participar as mozas/os de Ponteareas con idades comprendidas entre 13 e 18 anos.

As fotografías terán un mínimo de 300 ppp (píxeles por pulgada), e deberán enviarse como arquivo adxunto dun correo electrónico, ou mediante wetransfer.com, ao enderezo electrónico: pregoncorpus@ponteareas.gal

O prazo de admisión de fotografías abranguerá ata o 15 de abril. Un xurado seleccionará as fotografías que se publicarán no Pregón 2021.

Na páxina da web do Concello de Ponteareas poderán consultarse as bases desta colaboración.