As e os voluntarios de Ponteareas fan un chamamento á cidadanía da man da voluntaria Azucena de la Fuente Mateo que ofrecerá titoriais de calceta a través da canle de YouTube “Voluntariado Ponteareas” e a través da conta de instagram @voluntariadomedioambiental
Grazas a esta iniciativa da oficina de voluntariado do Concello de Ponteareas, a mocidade, os adultos e os maiores únense para aprender todos e todas a confeccionar prendas e creacións coas las doadas polo comercio local “Calceta”.
Xa podedes ver o primeiro vídeo de presentación da iniciativa no enlace da canle de Youtube https://youtu.be/EsItGmZ8QQ4
Cada dous días na canle de youtube e en instagram teremos novas sesións nas que ir aprendendo diferentes puntos e técnicas de calceta, pero ademais, a mocidade participante tamén irá amosando os seus progresos e os máis maiores achegarán contidos agasallándonos os seus coñecementos de calceta.
Ademais, os titoriais serán difundidos por WhatsApp para que todas e todos en calquera momento do día poidamos compartir a experiencia.
Este proxecto, que pretende unir a toda a cidadanía a través dunha actividade multixeracional na que uns aprenden dos outros, empregará ao final da nosa tempada de corentena todas as creacións que queiran achegar os e as participantes para adornar as rúas e prazas de Ponteareas.
A calceta relaxa, fomenta a creatividade e a mobilidade e coordinación das mans, obriga a pensar continuamente estimulando as conexións neuronais e pódese practicar en calquera espazo, ademais de recuperar unha artesanía que se transmitía de xeración en xeración e pór en valor esta materia prima.
As clases comezan xa, únete!!! Tan só tes que chamar ao teléfono 687 764 516