Verónica Carrera tilda de “irresponsable” a actitude do Partido Popular ao desinformar sobre un servizo tan importante como o da ludoteca municipal

O PP NON SE ENTERA DO QUE É UNHA LUDOTECA” 

A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Verónica Carrera, lamenta a actitude do Partido Popular tentando, unha vez máis, desinformar á cidadanía e menosprezando o traballo diario dos profesionais da ludoteca.

A concelleira aclara que na ludoteca nunca se admitìu a nenos de 2 a 5 anos, tampouco na época de goberno do PP “polo que agora resulta increíble a postura deste partido”.

A concelleira explica os motivos nos que se sustenta o regulamento da ludoteca de Ponteareas.

-Primeiro polo propio concepto da ludoteca entendido como un lugar de ocio donde se fan actividades lúdico educativas en grupo, calquera que entenda un pouco de pedagoxía e psicoloxía evolutiva sabe que os nenos e as nenas ata seis anos non teñen interiorizado o xogo como algo grupal, para eles é un feito individual de interiorización e aprendizaxe e non están todavía capacitados/as para asumir regras de xogo e compartir o xogo en grupo.

-En segundo lugar polas instalacións da ludoteca existente desde hai décadas.

-En terceiro lugar polo persoal co que conta o concello e que é o que dende décadas leva prestando este servizo.

Por outra banda, respecto ás acusacións de non ser unha ludoteca “inclusiva”, a concelleira reitera que si o é tanto a nivel social e económico como físico e psíquico dentro do que permite a lei “estamos a falar da saúde e do benestar das nenos e dos nenos que deben dispor de certificados médicos que tamén se lles pide ao propio persoal como o de non padecer, entre outras, enfermidades infecto-contaxiosas ningunha. Un neno cunha simple gripe xa non pode asistir ao centro escolar e tampouco a unha ludoteca ou centro público porque pode transmitir a súa enfermidade a outros”, aclarou a concelleira que lle resultou increíble ter que aclarar ao PP cuestións obvias que calquera persoa entende.

Respecto ao subministro de medicamentos, Verónica Carrera recórdalle ao PP que “en calquera centro educativo ou de ensino regrado non se permite a administración de medicamentos, na folla de inscrición xa queda recollido as posibles enfermidades ou alerxias e se tiveran diabetes ou calquera outra doenza deben vir as nais ou os pais. O persoal educativo non pode administrar medicamentos porque non é persoal sanitario. Evidentemente non se desatende a ninguén e se houbera calquera imprevisto chamaríase ás nais ou pais ou aos servizos de urxencias e aplicaríanse as medidas de primeiros auxilios e socorro das que dispón o persoal”.

Con respecto á documentación, Verónica Carrera aclara que o persoal tiña ao día todos os documentos como figura no seu expediente.

A concelleira concluíu criticando a actitude irresponsable do PP que tiveron moitos anos para arranxar o regulamento e funcionamento da ludoteca en tódolos aspectos e nunca fixeron nada máis que menosprezar este importante servizo que axuda no día a día a tódalas familias cun persoal moi profesional que amosa ilusión en cada traballo que realiza”.

.