A Ludoteca Municipal de Ponteareas comunica o prazo de inscrición para o novo curso

Os mozos e as mozas participantes estarán divididos en dous grupos de idade: de 6 a 12 anos; e de 12 a 14 anos

Os días habilitados para realizar a inscrición son os vindeiros 23, 24 e 25 de setembro

cartel-ludoteca-nenosA Ludoteca Municipal de Ponteareas, dependente da concellería de Mocidade que xestiona Verónica Carrera, vén de comunicar os días nos que se poderá facer efectiva a inscrición para participar nas actividades que se van desenvolver durante o novo curso que dará comezo o vindeiro mes de outubro.

Serán os próximos días 23, 24 e 25 de setembro en horario de 09:00 a 14:00 horas, agás o propio 24, xornada na que tamén se poderá acudir en horario de 16:30 a 20:00 horas. A Ludoteca Municipal de Ponteareas está situada na avenida Castelao, número 23, local 1º.

Os nenos e as nenas participantes estarán divididos en dous grupos de idade: un que abrangue aos rapaces e as rapazas que teñan entre 6 e 12 anos; e outro que comprende as idades que van dende os 12 ata os 14 anos. Ámbolos dous grupos poderán gozar da práctica de actividades como obradoiros musicais, exercicios de psicomotricidade, cociña e repostería ou traballos de expesión corporal, entre outros.

As cotas mensuais que se deben aboar por cada neno ou nena, para ámbolos dous grupos de idade, son de 14,64 euros. Todas aquelas persoas que queiran consultar máis información poden facelo a través dos seguintes números de teléfono: 986 66 17 53 e 673 794 760.