A ludoteca abríu xa as súas portas para traballar con grupos reducidos

A ludoteca municipal de Ponteareas, “Ludotea” é un espazo lúdico-educativo, ubicado na rúa Castelao, nº 23, desta localidade, e comezou a súa andaina en febreiro de 1998. Desde entón, son moitos os nenos e nenas que teñen acudido para gozar das súas múltiples actividades.

As súas portas están novamente abertas para todos os cativos/as de 6 a 12 anos que queiran acudir, sempre en grupos pequenos e cumprindo co protocolo de actuación fronte ó Coronavirus.

Para inscribirse, poden acudir directamente, achegar un email a ludoteca@ponteareas.es, ou ben chamar por teléfono ou mediante whatsApp ao número: 673 79 47 60

A ludoteca, dependente da Concellaría de Benestar Social que dirixe Verónica Carrera, adianta que a súa actividades comezou xa na derradeira semana de setembro e que o prazo de inscrición permanecerá aberto todo o ano.