A ITV Móbil para ciclomotores estará en Ponteareas no mes de febreiro

A concellería de Seguridade Cidadá e Mobilidade informa aos os condutores interesados de que poderán realizar a inspección na vila os días 3 e 5 de febreiro

motorcycle-295476_1280A Unidade Móbil da Inspección Técnica de Ciclomotores estará en Ponteareas os vindeiros días 3 e 5 de febreiro. A concellería de Seguridade Cidadá e Mobilidade, xestionada por Vanesa Fernández, informa a todos os condutores deste tipo de vehículos interesados en realizar a inspección técnica de que poden facelo na rúa das Pombas, fronte á nave onde se atopa o Parque Municipal de Bombeiros, en horario de 09:00 a 13:30 horas pola mañá e de 15:15 a 18:00 horas pola tarde.

É posible consultar máis información e pedir cita previa na web www.sycitv.com.