A Fundación Reveriano Soutullo presenta no salón de plenos o álbum para piano “En La Playa”

Con motivo da celebración do II Concurso Nacional para piano Mestre Soutullo, que se terá lugar do 1 ao 4 de novembro,o salón de plenos do concello a fundación Reveriano Soutullo presentará ás 12 horas de mañá martes día 9 o álbum para piano de Soutullo escrito baixo o pseudónimo de L.Rals, “En la playa”.

No álbum atópanse os dous números, mazurca e fox trot, que na presente edición do concurso de piano deberán interpretar os e as alumnas de grao profesional como obra obrigada.

A obra ten sido supervisada polo profesor e pianista do conservatorio superior de música de Vigo, Alejo Amoedo, que presentará próximamente a súa tese doutoral versada na obra de piano do compositor pontearán internacionalmente coñecido. 

Amoedo presentará un resumo do traballo realizado no que hai que sinalar, entre outros méritos, o grande esforzo de recopilación dos números do álbum.

O concello de Ponteareas convídaos a participar nesta presentación que abre os actos do II Concurso Nacional para piano Mestre Soutullo.