A festa infantil, suspendida no Corpus, será este domingo

A concellería de Cultura que dirixe Hortensia Bautista informa que as atraccións infantís da festa das nenas e nenas dentro da programación de Corpus, que se suspenderon por mor da choiva, abrirán as súas portas este domingo día 17 entre as 17:30 e as 20:30 horas.

As atraccións serán de balde e deben levar roupa de baño e toallas para a atracción de auga.

Ademais, este domingo 17 ás 19:00 horas o Mago Marco ofrecerá un espectáculo de maxia para toda a familia na casa cultural de Areas. A entrada tamén será de balde.