A Feira do Libro levará a vindeira semana ás rúas de Ponteareas máis de 40 actividades e propostas para todos os públicos  

A Feira do Libro levará a vindeira semana ás rúas de Ponteareas máis de 40 actividades e propostas para todos os públicos  

A Praza Maior acolle do 14 ao 17 de xullo unha nova cita da veciñanza coa literatura. As librarías ofrecerán un 10% de desconto en todos os libros

 

Ponteareas prepárase para acoller unha nova edición da Feira do Libro que, do 14 ao 17 de xullo, encherá a Praza Maior de sinaturas de libros, presentacións, recitais, actuacións e obradoiros para todos os público. Esta nova cita non só permitirá achegar á veciñanza á literatura e á lectura, senón que tamén “permitirá a todas e todos os participantes coñecer de primeira man a moitos autores e autoras que temos na nosa vila e na comarca. Serán catro días nos que continuaremos apostando polo talento local, con actividades para todos os públicos e dinamizando o sector e á propia vila”, explica a alcaldesa, Cristina Fernández Davila.

 

Organizada entre o Concello de Ponteareas e a Federación de Libreiros e Editores de Galicia co apoio da Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia, a feira contará nesta edición coa participación das librarías Cortizas, Ledo, Milfollas e Terraa. As casetas estarán abertas ao público de 12.00 a 14.00 e de 18.30 a 22.00 horas, agás o xoves 14, a xornada inaugural, que abrirá só na quenda de tarde, e o sábado 16, que adiantará a apertura da mañá ás 11.00 horas.

 

O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, convida a toda a veciñanza a gozar desta nova edición da Feira do Libro “que agardamos que atraia a moito público de Ponteareas e da comarca. Para nós é un orgullo ver como persoas vinculadas aos premios ou obradoiros de escritura creativa do Concello comparten espazo e protagonismo con escritoras e escritores consolidados”.

 

A Feira do Libro levará a vindeira semana ás rúas de Ponteareas máis de 40 actividades e propostas para todos os públicos  O programa de actividades comezará o xoves 14 de xullo coa presentación ás 18.00 h da obra de Francisco Álvarez, Koki, ‘Erótica’, á que seguirá Silvia de Pablos (19.00 h) co seu ‘Galician Stories’, Raquel Castro con ‘Planeta Bugallo’ (19 h) e Manuel Monteagudo coa sinatura do seu libro ‘Mar e vento’. Ás 19.30 h será a quenda de Pablo Vázquez e Denís Carballáns, que asinarán exemplares de ‘Son da cidade. O libro da música viguesa do noso século’. Tras a inauguración oficial e lectura do pregón ás 20.00 horas, o público poderá gozar do recital poético de Samuel Merino e Fernán Permuy (20.30 h) e da presentación de ‘O meu sangue’ de Diego Giráldez (21.00 h).

 

O venres 15 a xornada comezará ás 12.00 h coa sinatura do libro ‘La sonrisa eterna’, de Juan Prieto, e ‘Memorias dun exgalego’, de Josiño Araújo Pérez, e cun obradoiro infantil de banda deseñada. Xa pola tarde, ás 18.00 horas a feira abrirá as súas portas coa sinatura de exemplares de ‘La sonrisa eterna’, de Juan Prieto, e de ‘TAM’, de Anémona de Río, así como coa presentación de ‘Florencio’ por parte de Kiko da Silva e do alumnado do Garaxe Hermético. Ás 19 h a sinatura de libros de María Ovelar complementarase coa presentación de ‘Cartoturxia incompleta da represión’, de Julio Fernández e Raquel Castro, e a actuación infantil de Paco Nogueira, que chegará co seu espectáculo ‘Extra!’. Ás 20 h Teresa Río asinará exemplares de ‘Iris Atalaia’ e Marilar Alexandre presentará ‘Unha presa de terra’, mentres que ás 20.30 h Juan Parcero firmará exemplares de ‘A soidade selénica’ e ás 21 h Daniel Asorey presentará ‘Negras’.

 

O sábado haberá actividade constante, coas escritoras Finy Sesmonde e Alba López Paredes asinando exemplares das súas obras durante todo o día. Ás 12 h Jessica Rodríguez Piñeiro pechará a feira pola mañá co seu ‘Peúgo, o calcetín melenudo’. Xa pola tarde, Sonia Melón asinará exemplares de ‘Dende a miña xanela’ ás 17 h e, a partir das 18 h, será a quenda dos autores Quinito Mourelle, César Concheiro Guerrico e do obradoiro infantil ‘Argallando’. Esa mesma tarde Artur Alonso Novelhe presentará ‘Mudar o mundo’ (19 h), Irene Montero asinará exemplares de ‘Lúa Nova’ (19.30 h), Francisco Candeira estará con seus ‘Crimes antigos na Galicia Rural – O Condado, 1911-1937’ (20 h) e Charo Pita co seu ‘Retratos en branco e negro’. Xavier Queipo pechará o día coa presentación de ‘Final feliz’.

 

A feira pechará o domingo 17 cunha intensa programación. Durante todo o día Juan Prieto e Alba López Paredes asinarán exemplares dos seus libros, mentres que ás 12.00 h Jessica Rodríguez Piñeiro chegará a feira co seu ‘Peúgo, o calcetín melenudo’ e Fina Casadelerrey e Luís Soto con ‘O xenio da cidade de sal’. Pola tarde, Sara Vila Alonso e José Manuel Ledo estarán cos seus últimos traballos a partir das 18.00 horas na Praza Maior, mentres que Miguel Sende presentará ‘O negociador’ ás 19 h e Carlos Callón a súa obra ‘O libro negro da lingua galega’ ás 20 horas. A feira porá punto e final a catro días de literatura cun recital poético a cargo do grupo Versos de Area ás 21.00 horas.