A FANPO e a concelleira de Ensino inauguraron a VII edición das Xornadas de Teatro

A Federación de Anpas de Centros de Ensino Públicos Condado-Paradanta e Louriña (FANPO) organiza as VII Xornadas de Teatro para o alumnado de todos os centros educativos.

Máis de 4.800 alumnos e alumnas están a pasar polo auditorio municipal de Ponteareas para gozar desta arte.

O alumnado de infantil achegase ao mundo do teatro da man de Teatro O Cubo onte o hoxe día 19 de novembro coa obra “Nube nube sol”.

O alumnado de 2º a 6º de primaria serán o público do musical familiar “Os Rockenstein” os días 25, 26 e 27 de novembro.

O turno do alumnado de secundaria será o día 28 coa obra “Nós. A historia de Galicia” De Malasombra Producións.

A FANPO quere así, agasallar unhas xornadas de lecer nas que se poña en valor esta arte escénica tan antiga e da a opotunidade ao alumnado de desfrutar dunha saída didáctica na que compartir cos compañeiras e compañeiros o seu tempo libre.

A concelleira de Ensino, Cristina Fernández, felicita á FANPO por ofrecer un ano máis esta educativa e interesante actividade e lembra a importancia de traballar en equipo toda a comunidade educativa para levar a cabo iniciativas de lecer e de formación.