A exposición “Imaxinario do País” chega ao auditorio

Mañá chega a Ponteareas a exposición “O imaxinario do país” que a Deputación de Pontevedra leva por diferentes concellos da provincia. A inauguración será mañá xoves día 13 ás 19 horas. O fotógrafo Anxo Cabada exporá no auditorio municipal unha selección de retratos fotográficos e autorretratos literarios de escritoras e escritores. 

A concelleira de Cultura, Hortensia Bautista, convida a toda a cidadanía a visitar “Imaxinario do país” que estará aberta en todas as datas de actividades do auditorio ata o 27 de decembro e tamén de mércores a sábados de 11 a 14 horas.