A escola infantil municipal achégase con divertidas propostas ás familias con nenos e nenas de 0-3 anos

Na páxina web do Concello poderánse atopar consellos e tamén recursos lúdicos adaptados a cada grupo de idade

A concellería de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Verónica Carrera, quere achegar a todas as familias ferramentas lúdico didácticas e consellos para facer do tempo de quedar na casa, un tempo de calidade no que fortalecer os vínculos das familias.

Conscientes da complexidade de afrontar estes días de estado de alerta con pequenos e pequenas de 0 a 3 anos, a escola infantil municipal trasládalle as familias pautas e propostas para estes días.

Na páxina web do Concello http://ponteareas.gal/covid-19/ poderemos atopar recomendacións para establecer unha rutina diaria, algo que a dirección da escola infantil considera imprescindible. Tamén consellos como empregar as ferramentas dixitais para manter o contacto coa familia, amigos e compañeiras/os da escola e do parque.

Manter a calma e aproveitar para xogar son outros dos consellos que ofrece a escola infantil municipal que ofrece, neste enlace da páxina web do Concello, propostas de xogos adaptadas a cada idade. Deste xeito, atoparemos actividades dirixidas ao grupo 0-1, outras deseñadas para o grupo 1-2 e outras para as cativas e cativos de 2 a 3 anos de idade. Para todos os grupos, a escola infantil suxire ás familias xogos manuais off line e tamén recursos on line que poden atopar tanto no enlace http://ponteareas.gal/covid-19/ como no botón da web municipal “Recursos lúdicos e educativos” http://ponteareas.gal/xiralda/uploads/2020/03/Recursos-educativos.pdf

Quedar na casa é a nosa aportación para saír canto antes desta situación, por iso temos que convencernos que estamos no mellor lugar, xunto aos e ás nosas persoas. Fagamos deste tempo un tempo útil no que permanecer unidos e no que dedicarlle aos nosos fillos e fillas ese tempo que antes non tiñamos”, explica Verónica Carrera.