A Escola de Música de Xinzo terá aberto o prazo de inscrición até o 30 de setembro

Logo banda de musica de xinzo copiaO primeiro mes será gratuíto para todas aquelas persoas interesadas en participar no curso 2015/2016

Máis de dous meses de prazo restan aínda para inscribirse na Escola de Música de Xinzo. Os responsables da mesma manterán aberto o período de inscrición até o vindeiro 30 de setembro e, ademais, o primeiro mes do curso 2015/2016 será gratuíto.

A Escola de Música de Xinzo impartirá durante o próximo ano académico as seguintes especialidades: Linguaxe Musical, Frauta, Clarinete, Saxofón, Trompa, Trompeta, Trombón, Bombardino, Tuba e Percusión.

Os alumnos, ademais de poder estudar as mencionadas especialidades instrumentais, tamén terán a oportunidade de formar parte da Banda de Música da Escola e da Banda de Música Xuvenil de Xinzo.

Os contidos están principalmente dirixidos a rapaces e rapazas maiores de 6 anos, pero a escola tamén conta cun grupo de adultos. Todas as persoas interesadas poden informarse chamando aos números de teléfono 618 18 60 77 e 680 17 93 86.