A Corporación entregou as medallas do CORPUS 2019

A corporación do concello de Ponteareas entregou as medallas do Corpus Christi 2019 aos e ás alfombristas elexidas por cada tramo e asociación de alfombristas. Durante o acto de entrega de medallas destacouse a figura do alfombrista Ramón Gallego Prado que recibíu unha mención especial recollendo a medalla o seu fillo José Antonio Gallego Álvarez. A afamada e máis representativa empresa galega de cerámica, Sargadelos, elexíu un deseño do ponteareán José Antonio Gallego para o deseño dunha bandexa que rende homenaxe ás alfombras florais do Corpus de Ponteareas; por este motivo e pola súa paixón como deseñador de alfombras e alfombrista que o levaba a plantar durante todo o ano distintas plantas e flores e a cultivalas con mimo, o Corpus 2019 decidíu renderlle unha emotiva homenaxe na que os seus familiares e achegados destacaban a ilusión coa que vivía a confección de alfombras florais.

Os nosos e nosas medallistas do CORPUS 2019 son:

DON MIGUEL JUAN PÉREZ DOMÍNGUEZ

OROTOVA

DONA JESUSA MIRTA JORGE FERNÁNDEZ

PRAZA BUGALLAL

DONA Mª ELVIRA RODRÍGUEZ GROBA

RÚA ORIENTE

DONA MERCEDES BOUZA ANDRÉS

PRAZA MAIOR 1ºTRAMO

DONA Mª NIEVES SUÁREZ RODRÍGUEZ

PRAZA MAIOR

DON ALFREDO SESTELO DÍEZ TITULO POSTUMO

CRUCEIRO SAN GREGORIO

DONA ELENA PINO ALMOFREY

FERREIROS 1º TRAMO

DONA GENEROSA AGUADO FIGUEIRAS

FERREIROS SAN ROQUE

DONA Mª VICTORIA AMOEDO AMOEDO

FONTE DO BARATILLO

DON FEDERICO MARTÍN HERRADOR

FERNÁNDEZ VEGA

DON DAVID GONZÁLEZ MANEIRO

CANTÓN DE BOAVISTA

DONA ELENA ALONSO FUENTES

CASTIÑEIRA

DONA Mª LUISA VÁZQUEZ PÉREZ

SAN BREIXO DE ARCOS

DONA MÓNICA GUISANDE AUGUSTA

AS MONXAS

DONA GUADALUPE CAMBRA DOMÍNGUEZ

REVERIANO SOUTULLO

DONA ELVIRA PINO GESTEIRA

CONSTITUCIÓN