A concellería de Vías e Obras informa do comezo das obras de pavimentación e pintado na avenida Castelao

A concellería de Vías e Obras, que dirixe Chus Garrote, e a concellería de Mobilidade e Tráfico, que dirixe Roberto Mera, informan que a finais desta semana comezarán as obras de pavimentación e pintado da Avenida Castelao e rotonda do colexio Fermín Bouza Brey.

O concello realizará unha labor de supervisión destas obras que executará a Xunta de Galicia para que xenere os menores inconvintes posibles, prestando especial atención aos accesos aos fogares e locais comerciais para que poidan desenvolver coa maior normalidade posible a súa vida cotidiá.

Dada a densidade de tráfico e tránsito desta avenida, estes traballos de mantemento se realizarán por carrís e por tramos para evitar un corte total da rúa e para permitir o acceso aos veciños e veciñas.

Chus Garrote recomenda que sempre e cando o punto de destino non sexa a propia avenida que se elixan rutas alternativas.

Pola súa banda Roberto Mera valorou melloras a introducir na avenida, como a ampliación do número de pasos de peóns e das prazas para persoas con mobilidade reducida, así como cebreados que melloren a visibilidade en interseccións, pasos de peóns e saídas de aparcamentos, melloras solicitadas á Xunta. A concellaria lembra que as medidas definitivas para esta avenida e o resto da rede viaria se recollerán no futuro plan de mobilidade.

O concello agradece a comprensión da veciñanza e convida a comunicarse coa concellería de Vías e Obras no caso dalgunha incidencia.