A concellería de Mocidade ofrece totalmente de balde unha excursión A Siradella para coñecer a súa riqueza natural

O concelleiro de Mocidade e Voluntariado, Miguel Bouzó, convida a toda a mocidade a participar na excursión a Siradella. Totalmente de balde, os mozos e as mozas a partir de 12 anos poderán visitar nesta excursión o centro de interpretación do monte a Siradella e participar na ruta guiada no complexo Intermareal Umia-O Grove. Ademais visitarán o museo da Salga e Punta Moreiras. O complexo intermareal Umia-O Grove está incluído na listaxe de humedais de importancia internacional (Humedal RAMSAR) e na zona de especial protección para as aves (ZEPA).

A hora de saída será ás nove da mañá dende a estación de autobuses cun horario de chegada aproximado de arredor das 20:30 horas. 

Para particpar é imprescindible inscribirse no enderezo electrónico omix@ponteareas.gal

Esta excursión forma parte do proxecto de voluntariado ambiental xuvenil que se está a desenvolver este verán e no que participan máis de vinte mozas e mozos.