A concellería de Medio Ambiente elimina vertidos incontrolados

Todas as persoas poden solicitar o servizo gratuíto de recollida de enseres cunha soa chamada telefónica ao 986 640 307

A concellería de Medio Ambiente, que dirixe Rosa Covelo, retira dous vertidos incontrolados no rural e recorda que este tipo de actitudes incívicas son motivo de sanción.

Rosa Covelo lamenta este tipo de situacións que amosan a falta de respecto dunhas cantas persoas que a pesares de contar cun amplo servizo de recollida de todo tipo de lixo totalmente de balde persisten en deitar o lixo en calquera lugar molestando ao resto da veciñanza e contaminando os espazos naturais.

É inconcebible que se deixe en espazos naturais, mesmo perto do río e ao aire libre, todo tipo de lixo atentando contra o medio natural”.

A concelleira recorda que existe un servizo gratuíto de recollida de enseres que podemos solicitar cunha soa chamada ao número de teléfono do punto limpo 986 640 307. Os e as solicitantes desta recollida poderan deixar os seus enseres dende o xoves ás 21 horas ás 06 horas do venres xa que dende primeira hora a empresa procede á r

Rosa Covelo adianta que xa se teñen datos que permiten abrir a investigación dalgúns vertidos para tratar de localizar aos resposnables destes vertidos.

Por último, Rosa Covelo lembra que calquera persoa pode chamar ao punto limpo para informarse do seu amplo horario e de como xestionar todo aquelo que desexe desbotar