A concellería de Medio Ambiente de Ponteareas pide a colaboración cidadá para rematar cos vertedoiros incontrolados

A concellería de Medio Ambiente solicita a colaboración cidadá na denuncia dos e das responsables dos vertedoiros incontrolados

A concellería de Medio Ambiente, que dirixe Rosa Covelo, atopou un novo vertedoiro incontrolado no Confurco. Rosa Covelo solicita a colaboración cidadá para atopar aos e ás responsables destes vertidos que supoñen un atentado para o medio ambiente pero tamén unha falta de consideración e respecto polos bens comúns e polo resto da veciñanza.

Rosa Covelo adianta que se abrirá unha investigación que conlevará unha sanción unha vez que se atope ao ou á culpable dos feitos.

“Non podemos seguir consentindo este tipo de actitudes que obrigan ao resto da veciñanza a convivir con residuos indesexados xa que o servizo de recollida de lixo ten unha programación semanal que non se pode estar alterando contínuamente para retirar os vertedoiros incontrolados. Todos e todas xuntas debemos atopar aos responsables e facilitar ao Concello todos os datos posibles que axuden na investigación”, explica a concelleira.

A cidadanía pode contactar co departamento de Medio Ambiente no número de teléfono 986 64 00 00 e solicitar cita previa ou enviar un correo electrónico ao enderezo medioambiente@ponteareas.gal

Rosa Covelo recorda que a cidadanía dispón dun punto limpo e do servizo de recollida de enseres cos que poden contactar no 986 640 307 e poderemos desfacernos dos mobles voluminosos sen ter que movernos da casa ou achegándoos ás instalacións do punto limpo. Previa solicitude poderemos deixar os nosos enseres xunto aos contedores cada xoves desde ás 21 horas ata o venres ás 06:00 horas.