A concellería de Ensino do concello de Ponteareas habilitará a petición das nais e pais unha aula ludoteca para todo o alumnado que os vindeiros días 23 e 24 de maio non asistan aos centros educativos por mor das reválidas da LOMCE.
Sobre este tema ampliarán información dende a Federación de ANPAS do Condado- Paradanta e A Louriña (FANPO) esta tarde ás 20:00 horas no CEIP Fermín Bouza Brey.
O alumnado poderá asistir a esta aula ludoteca, que estará na sala multiusos da biblioteca municipal, no horario habitual do seu centro educativo.