A concellería de Ensino organizará unha charla relacionada coa comunicación con fillos adolescentes

charla-coloquio-adolescentesA Sala de Usos Múltiples do Auditorio Reveriano Soutullo acollerá o vindeiros xoves, 3 de decembro, a partir das 19:30 horas, unha charla-coloquio relacionada coa comunicación entre pais e nais e os seus fillos e fillas mentres estes últimos están en idade adolescente.

A charla está dirixida tanto aos pais como aos fillos e será ofrecida por un psicólogo voluntario da Cruz de Vermella. A iniciativa está organizada pola concellería de Ensino, xestionada por Cristina Fernández, e enmarcada no Programa de Prevención de Condutas Violentas que a organización Cruz Vermella Xuventude desenvolve en colaboración co Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade.