A concellería de Benestar Social informa que non existen casos de positivo en COVID-19 entre os e as usuarias da residencia Santa Ana

A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Verónica Carrera, aclara que non existe ningún caso de positivo en COVID-19 entre os e as residentes da residencia de maiores Santa Ana.

Verónica Carrera explica que o pasado 25 de abril unha traballadora deu positivo no test realizado polo SERGAS e inmediatamente foi apartada do servizo e pasou a cumprir a corentena illada no seu fogar. Dende entón non ten desarrollado sintomatoloxía e, cumprida xa a primeira quincena de illamento, o protocolo sanitario contempla realizarlle nas vindeiras 48 horas unha nova proba.

A concelleira de Benestar Social e Igualdade quere trasnmitir á cidadanía unha mensaxe de tranquilidade e informa que non existe ningún positivo en COVID-19 nin entre os usuarios e usuarias nin entre o persoal que desenvolve a día de hoxe o seu servizo na residencia de xestión municipal.

Dende o primeiro momento a residencia Santa Ana seguíu os protocolos marcados por Sanidade e as normativas dictadas polo Estado conseguindo que ningún dos seus usuarios e usuarias se vise afectado polo virus. A protección dos e das nosas maiores foi unha das primeiras medidas que tomou esta Concellería, sendo estrictos dende o primeiro intre”.