A comunidade educativa gozou dunha actividade de sensibilización medioambiental

A concellería de Ensino, que dirixe Cristina Fernández, permitíu unha vez máis que os centros educativos gozaran dunha actividade práctica ao aire libre. Totalmente de balde e grazas á colaboración das comunidades de montes, das empresas patrocinadoras e da concellería de Medio Ambiente, xestionada polo alcalde Xosé Represas, o alumnado ponteareán recibíu unha clase práctica e de senbilización no que traballaron en equipo con alumnado doutros centros pero tamén cos comuneiros e empresas ponteareás.

Por cuarto ano consecutivo o alumnado ponteareán reforestou os montes veciñais en man común con carballos, castiñeiros, cerdeiras, bidueiros, nogueiras e pradeiros.

Grazas á implicación e colaboración das casas comerciais plantaronse 500 árbores en zonas degradadas polos incendios forestais de outubro do 2017. As empresas, comercios e asociacións de Ponteareas quixeron amosar o seu compromiso co medio ambiente patrocinando estas árbores.

Cristina Fernández agradece a cada un deles o seu grande apoio: Aluarmo, ANPA Ramiro Sabell, ANPA Guláns, ANPA Xuntanza, Clínica San Miguel, FANPO, Laureano Covelo, Maderfri, Sestelo e Tesis, ademais das empresas como Ecocelta que facilitou o abono orgánico realizado cos restos de poda recollidos do concello; Aguas de Mondariz que repartíu refrescos e augas nestes días de plantación; a ECOGARDEN por impartir o obradoiro medioambiental e aos rosquilleiros das confiterías Ancla, Dinguilindín, La Marquesina, Regino e Troncoso grazas aos que se repuxeron os folgos con rosquillas de Ponteareas.

Con esta actividade transversal aprenderon o proceso de plantación, adquiriron coñecementos sobre a vida das árbores e os seus coidados e medraron como persoas dando un paso máis na posta en valor do medio ambiente, da natureza e do noso patrimonio paisaxístico.

Esta actividade non só persegue a reforestación dos montes se non tamén adquirir valores medioambientais, aprender a traballar coas mans e participar nun ensino máis práctico e experimental”, explica a concelleira.