“A casiña de cartón” visita o auditorio municipal este venres

A sala de usos múltiples do Auditorio Reveriano Soutullo acollerá este venres, día 18 ás 17:30 horas, a actividade de animación infantil “A casiña de cartón”, a cargo de Animar-t.

Esta actividade está especialmente dirixido aos máis cativos, de 0 a 6 anos.

Por mor de que as prazas son limitadas, as persoas interesadas deben facer a inscrición previa no Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ponteareas.

Esta actividade está enmarcada dentro das actividades programadas do proxecto APEGO, desenvolvido desde a concellería de Cultura e Normalización Lingüística, que dirixe Hortensia Bautista, coa finalidade de fomentar o vínculo das familias co galego.

Todas aquelas persoas interesadas en participar neste proxecto poden pórse en contacto co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ponteareas, onde recibirán toda a información precisa.