A cantante Uxía pecha o programa das festas do Corpus 2019

A máis representativa voz do Atlántico, a cantante Uxía, pechará o programa das festas do Corpus Christi de Ponteareas. Será o luns, festivo local, ás 23 horas co concerto que ofrecerá de balde na Praza Bugallal.

Uxía é considerada a dama da música galega e unha das maiores embaixadoras da nosa terra. Nos seus máis de trinta anos de carreira artística renovou a música tradicional galega conectándoa coas culturas atlánticas, mesturando alalás con morna, fado e ritmos brasileiros. Dende o seu estreo con Foliada de Marzo no ano 1986 o seu traballo representa un punto de encontro de diferentes culturas e creou o seu repertorio a traverso das súas contínuas vaixes e intercambios con músicos de Brasil, Portugal, Cabo Verde ou Guinea-Biseàu como João Afonso, Dulce Pontes, António Zambujo, Rui Veloso ou Tito Paris.

Ten publicado doce discos polos que ten recibido importantes recoñecementos, entre os que destacan o Premio da Crítica Galicia 2016 ou o Premio a Mellor álbum de música de raíz nos Premios da música independente de España por Meu canto, seleccionado tamén como Top of the World pola revista británica Songlines. Entre outros proxectos, é directora artística e alma mater do Festival Internacional da Lusofonía, Cantos na maré.