A Bouza Vella acolle o pistoletazo de saída do IV Rastrexo de Areas

O IV Rastrexo de Areas chega mañá con 64 equipos inscritos e dispostos a superar, proba tras proba, caracterizados das personaxes da popular serie de televisión Fariña.

Compostos por entre seis e doce membros, os equipos percorrerán Areas saíndo o primeiro equipo dende o parque da Bouza Vella ás dez e media da noite para enfrontarse a un percorrido de aproximadamente duas horas de duración. 

Os barrios e montes de Areas serán auténticas pistas de probas nas que os participantes amosarán axilidade, rapidez, intución e audacia. 

A concelleira de Cultura, Hortensia Bautista, o concelleiro de Deportes, Benito Márquez e o Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, presentaron na praza do concello xunto á organización, a Asociación Deportiva Rastrexo de Areas, esta nova edición que chega cargada de sorpresas e agasallos.

No parque da Bouza Vella un dj amenizará toda a xornada dende a tarde e durante a noite para todos os e as que desexen estar de festa, cear e compartir unha bebida no bar instalado pola organización.