A biblioteca pública municipal axuda no acceso a plataformas dixitais de lectura gratuíta

A Biblioteca Pública Municipal atendeu a preto de 300 usuarias e usuarios para resolver dúbidas técnicas e dar acceso á plataforma de préstamo electrónico GaliciaLe e facilitou os impresos para facerse usuaria/o para todas e todos os que quixeron utilizar este servizo de lectura gratuíta.

A nosa biblioteca pública municipal atendeu a  280 usuarios/as que quixeron utilizar GaliciaLé, unha plataforma que permite ler libros en galego e en castelán, ademais de achegar os impresos para acceder á dez persoas.

No caso de ser usuaria/o e precisar as contrasinais ou resolver calquera outra dúbida só hai que contactar coa biblioteca a través do enderezo electrónico bibliotecamuseo@ponteareas.gal ou do teléfono 673 794 762.

Ademais, debido á situación de confinamento forzoso na que nos atopamos, dende a Rede de Bibliotecas de Galicia habilitouse ademais a posibilidade de darse de alta dende a casa, co fin de poder acceder á Biblioteca Dixital da rede.

É tan sinxelo como entrar no seguinte enlace e cubrir os datos persoais despois de seleccionar o concello no que vives (se non o atopas, deberás seleccionar “Outra localidade”): https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-memberentry.pl

Aínda que o enderezo electrónico ou o número de teléfono non son obrigatorios, si que é moi recomendable que os indiques por se che xorden dúbidas ou tes problemas para acceder.

Neste último caso, no prazo dun mes dende a fin da corentena deberás achegarte á biblioteca para obter o carné. De non facelo, a conta eliminarase automaticamente de Koha e deixarás de ter acceso a GaliciaLe.