A biblioteca pública municipal acolle un obradoiro de iniciación á arte de contar contos

Será este xoves ás 18 horas previa inscrición

A concellaría de Cultura, que dirixe Fernando Groba, convida a participar no obradoiro de iniciación á arte de contar contos. Un obradoiro dirixido a educadores, pais e nais, docentes, bibliotecarios, mediadores de lectura, xestores culturais e público en xeral.

No obradoiro abordarase a importancia da tradición oral e os álbums ilustrados e se compartirá cos asistentes diferentes técnicas de expresión oral.

O obradoiro da arte de contar contos chega á biblioteca pública municipal este xoves 15 de outubro ás 18 horas.

Este obradoiro é totalmente gratuíto comoo resto das iniciativas que se desenvolven dende a Biblioteca Municipal de Ponteareas, e os interesados e interesadas poden formalizar a súa inscrición ou mesmo solicitar máis información sobre esta actividade no teléfono 986 660 765 ou no correo electrónico: bibliotecamuseo@ponteareas.es.