A Biblioteca Pública Municipal abrirá de novo mañá mércores no seu horario habitual

A Biblioteca Pública Municipal informa que, seguindo as medidas establecidas pola Xunta de Galicia no DOGA do luns 15 de febreiro, mañá mércores 17 volverá abrir ao público recuperando o horario habitual de 09.00 a 21.00 h.

 

A cabida máxima establecida é dun 30%,o que supón en Ponteareas un total de 20 prazas, e respectando todas as medidas de seguridade como o uso obrigatorio de máscaras, ventilación nas súas salas, utilización do xel hidroalcólico e a consabida distancia de seguridade.

 

A Biblioteca de Ponteareas ofrece tres salas de estudo con 30 postos lectura, ademais dun catálogo de mais de 23.000 libros, servizos de microteca, hemeroteca e sala infantil.

 

Desta maneira o horario de apertura da biblioteca é de luns a venres de 09:00 a 21:00 h de maneira ininterrompida.

 

A concellaría de Cultura, que dirixe Fernando Groba, informa que tamén abre mañá o Museo Municipal de Ponteareas.