A Biblioteca Municipal celebra o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil

Biblioteca-Municipal-3A Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas organiza, o 1 de abril, ás 18:00 horas, unha actividade  dedicada especialmente aos nenos e nenas con idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos titulada Caderno de lectura con Zentangle. Esta actividade está englobada no programa Ler conta moito.

 

Neste taller utilizarase o método zentangle para decorar un caderno de lectura. Trátase unha técnica sinxela que consiste en trazar patróns repetitivos para crear belas imaxes e fomentar a tranquilidade e a concentración, desenvolvendo a creatividade e a sensibilidade artística.

 

A Biblioteca Municipal de Ponteareas, dependente da concellería de Cultura que dirixe Hortensia Bautista, súmase así á celebración do Día do Libro Infantil e Xuvenil co fin de lembrar a importancia de ofrecer  a todas as nenas e nenos libros de calidade que esperten a súa imaxinación e os axuden a medrar como lectores e como persoas.