Coidamos-TEA está organizado pola Federación Autismo Galicia e conta coa colaboración do Concello de Ponteareas
A Biblioteca Municipal do Concello de Ponteareas será o escenario no que se desenvolva o programa de apoio a familias que teñan nenos ou nenas que padezan Trastorno do Espectro do Autismo (TEA). A iniciativa, organizada pola Fundación Autismo Galicia e financiada pola Fundación Barrié e a Fundación Roviralta, conta coa colaboración da concellería de Benestar Social Igualdade xestionada por Verónica Carrera e ten como principal obxectivo proporcionar ás familias das persoas con TEA un lugar de encontro onde obter información profesional e especializada sobre o autismo e compartir experiencias.
A primeira das sesións terá lugar o vindeiro 21 de marzo, en horario de 16:30 a 19:30 horas. Existen 16 prazas dispoñibles, a inscrición é gratuíta e pódese realizar a través do enderezo electrónico apoio@autismogalicia.org ou chamando ao número de teléfono 981 589 365 en horario de 09:00 a 15:00 horas.
A Federación organizará máis encontros os próximos días 18 abril, 16 maio, 13 xuño, 11 xullo e 12 setembro. A partir do mes de maio tamén comezará unha oferta dirixida a todos aqueles profesionais deste sector que desexen mellorar as súas aptitudes no tratamento e asesoramento a familias con nenos ou nenas con Trastorno do Espectro do Autismo.
O programa Coidamos-TEA conta con profesionais especializados de Autismo Galicia, que serán os encargados de levar a cabo estes encontros mensuais nos que se busca dar una resposta ás necesidades das familias, tales como: apoio no fogar, oportunidade de aprendizaxe, xogo e habilidades sociais, apoio psicolóxico, recursos e axudas sociais.
Autismo Galicia define o programa Coidamos –TEA como “unha oportunidade para mellorar a atención ás persoas con Autismo, tanto dende a familia como dende o seu entorno próximo, como son os servizos sociais dos seus respectivos concellos.