A biblioteca convida a celebrar a festa do Samaín

A concellería de Cultura e Lecer do concello de Ponteareas que dirixe Hortensia Bautista organiza dende a biblioteca pública municipal actividades relacionadas coa festa do Samaín. 

Hoxe luns día 29 ás 18 horas os mozos e mozas que se acheguen á biblioteca realizarán un obradoiro para confeccionar unha meiga típica do Samaín. O martes día 30 tamén a partir das 18 horas decoraranse calacús para expor na festa do Samaín que se celebrará o mércores día 31 na praza da Perillana a partir das 17:30 horas. Na festa haberá obradoiros para nenos e nenas e como fin de festa un grande magosto. 

En caso de choiva as actividades trasládanse á praza de abastos.